Bolsa de Estudos Musicais Pablo Seoane
Área de Ed. Musical - CEIP Plurilingüe da Ramallosa
A “Bolsa Pablo Seoane” nace dunha iniciativa promovida dende a Área de Educación Musical do CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), xurdida durante o Proxecto de centro Aulas Musicais, e froito dun convenio entre o Centro Educativo, "Pablo Seoane" e a “Sociedade Recreativa San Xoán de Calo” (Asociación Local na que o sonado gaiteiro local, imparte clases e coordina o Proxecto Educativo da mesma). A este acordo, vincúlase tamén xenerosamente o Concello de Teo.
Os 2 alumnos bolseiros/as acudirán durante un ano a clases de Gaita e linguaxe musical de forma totalmente gratuíta á mencionada asociación. O CEIP Plurilingüe da Ramallosa, sufraga unha das dúas bolsas e o Concello de Teo a segunda. Por otra banda, a “Sociedade Recreativa de Calo”, asume os custes de matrícula e carné de socio da Asociación para os dous alumnos becados.
HORARIO: As clases serán os mércores de 19:00h a 19:30h
UBICACIÓN: Local da Sociedade Recreativa de Calo, (ao carón
do campo de fútbol desta localidade).
Alumnado becado este ano!!
Curso 2026-27:
- Vera Castro Puga (4ºB)
Alumnado becado en COVOCATORIAS ANTERIORES
Curso 2025-26:
- Mallo Miranda, Daniel (4ºB)
- Bouzón Moure, Pablo (4ºB)
Curso 2024-25:
- Martínez Golán, Valentina (5ºB).
- Bouzón Moure, Pablo (3ºB).
PARABÉNS ghaiteir@s!!
Dende o centro, queremos agradecer á Asociación Recreativa de Calo, ao Concello de Teo, á ANPA Río Tella e a toda a directiva e profesorado implicado na formación dentro asociación, a gran acollida e bo facer para poñermos a andar esta iniciativa educativa pioneira. E por suposto, todo isto, non sería posible, sen o cariño e apoio sempre inestimable de "Pablo Seoane", o noso querido veciño. Gran artesán, músico, docente... E mellor persoa. Grazas amigo!
Este proxecto, sen dúbida dará grandes froitos!! E dará froitos en forma de ffuturos artistas e profesionais do mundo da música.
No CEIP Plurilingüe da RAMALLOSA, seguiremos sementando a nosa música, lingua e cultura, a través da comunidade educativa e do tecido asociacionista do Concello de Teo.





Documentos + Outra información

Coñece a "Pablo Seoane" e o seu Obradoiro



















