top of page
Banner Contos en familia 1920-400px.png

"Contos en Familia"
Radio Escolar, Patrimonio Cultural Inmaterial e Comunidade Educativa

Proposta educativa promovida como "Centro Modelo Ponte nas Ondas" de maneira conxunta coa Área de Educación Musical, a Radio Escolar e o "Equipo de Dinamización Lingüística" do centro. O Obxectivo é seguirmos recuperando o noso patrimonio oral a través das historias e vivencias dos nosos maiores e poñelo en valor ante os discentes.

A Radio Escolar, o fomento e posta en valor do noso legado e "Patrimonio Cultural Inmaterial" mediante o traballo conxunto coas familias son o eixe desta fermosa iniciativa.

CÓMO PODO PARTICIPAR NO PROXECTO?

A actividade consiste en que o alumnado grave un conto, lenda, ou vivencia persoal con valor patrimonial dun familiar ou veciño maior. Tamén podes enviar o traballo en formato entrevista ou calquera outro que consideres oportuno para o voso traballo.

E o máis importante! O audio ten que ser gravado en galego.

​

A colaboración túa como pai, nai ou titor legal é vital!

Pedímosvos a vosa colaboración para axudar ao vosos fillo/a na gravación do audio. Podedes empregar calquera ferramenta de audio:

* Gravadora de audio do teléfono

* Micrófono dun ordenador portátil ou tablet

* Gravadora externa de audio

...

Non é preciso que fagades a montaxe e edición do audio (engadindo música e outros recursos á gravación), pois dese traballo máis engorroso encargarémonos Benxa Salgado,

e eu mesmo, como coordinador da actividade. Os pasos a seguir serían estes:

​

1. Busca un/unha "informante": Pensa en alguén do teu entorno familiar ou veciñal que che poida contar esa lenda, conto ou historia familiar ou local. 

​

2. Recollida: Organiza a recollida do que vas a gravar. Se vas ser ti o narrador/a, rexistra previamente a historia por escrito e garda ese documento como un tesouro, pois unha vez o escribas servirache para preparar a túa narración, e ademais, poderá perdurar rexistrada no tempo para sempre, como un tesouro do nosos patrimonio Inmaterial.

​

3. Formato: Adapta a recollida ao formato que queres empregar. Se queres facer un podcast en formato entrevista, deberedes pensar nas preguntas que como locutor/a vas facer ao entrevistado durante a propia, adecuando estas á historia ou temática que ides a tratar.

​

4. Envíanos o teu audio: Un vez rematedes o traballo e o teñades gravado en audio, envíanos o audio con toda a información a este mail: radioramalloseiros@gmail.com 

É moi moi importante que nos envíes no mesmo mail esta información:

​

* Datos do alumno/a: Nome, lugar do Concello onde vive e curso/grupo que cursa.

* Datos do/a informante: Nome, idade, lugar de nacemento e lugar da recollida (aldea, parroquia, núcleo poboacional...)

* Datos do/s responsable/s (pai, nai, titor legal...): Envíanos o nome do familiar que colaborou coordinando todo este traballo, (realizando a gravación co voso fillo/a, etc).

* Fotografía: Envíanos a fotografia que queres que sexa a túa portada do programa. Podería ser unha foto túa co informante, coa túa familia,... Pero é moi importante que a fotografía teña un en formato cadrado (1000x1000px aproximadamente), para que non quede cortada no perfil do podcast.

​

5. Publicación na nosa canle de Podcast Radio Ramalloseir@s: Unha vez recepcionemos o teu audio, procederemos a facer a post-edición do mesmo para poñelo ben fermoso (con música, a sintonía da radio, etc), e procederemos a publicalo na canle de radio escolar do cole. Máis en concreto nesta lista de reprodución creada para o proxecto: 

https://soundcloud.com/radio_ramalloseiros/sets/contos-en-familia ​

A túa participación terá dobre premio!

A túa participación terá dobre premio!

= TODOS OS TRABALLOS RECIBIDOS ANTES DO 13 DE NOVEMBRO DESTE ANO 

SERÁN PRESENTADOS AO XXV CERTAME TÍRALLE DA LINGUA (AS-PG) =

Nota: Para participar no certame, o teu podcast non deberá durar máis de 4 minutos e medio, para

poder incorporar música na post-edición e non sobrepasar os 5 minutos que esixe a organización.

​

= A maiores disto, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, 

o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, xunto co Equipo do

Centro Modelo PNO!, PREMIARÁN os tres mellores podcast recibidos! =

Valorarase especialmente a entrevista, historia ou lenda contada, tendo en conta entre outras cousas, o valor histórico e familiar da mesma. Por suposto,

tamén será tida en conta a calidade técnica e de expresión oral do propio audio.

Os tres gañadores/as, recibirán o mesmo PREMIO:

Un Altavoz Portátil Bluetooth NGS Roller Furia 2​​​​​

1292-ngs-roller-furia-2-altavoz-portatil

AQUÍ  PODEREDES IR SEGUINDO A LISTAXE DE PODCAST RECIBIDOS!! 

AQUÍ  PODEREDES IR SEGUINDO A LISTAXE DE PODCAST RECIBIDOS!! 

Contos en Familia_PNO.png

00

Lista de reprodución da canle de Podcast de Radio Ramalloseir@s!

Aquí poderás escoitar todos os traballos recibidos dos teus compañeiros/as.

01. "O Señor puchiñas";  Por Enma García Salgado   //  3ºA - Ed. Primaria (26/27)

       Co agarimo e traballo inestimable do seu avó e "informante", Benxa Salgado.

DEVELOPED BY DUMASTAR

02. "A tradición da noite de San Xoan";  Por Mara Cajaraville Pereira   //  4ºB - Ed. Primaria (26/27)

      Co agarimo e traballo inestimable de Marcos e Eva, pais e informantes (Edición: Benxa Salgado)

DEVELOPED BY DUMASTAR

03. "A tradición da noite de San Xoan";  Por Martín Golmar   //  4ºB - Ed. Primaria (26/27)

       Co agarimo da súa bisavoa e "informante", María Piñeiro e o traballo inestimable d os seus pais;

       Verónica López e Fernando Golmar. 

DEVELOPED BY DUMASTAR

04. "O Apóstolo Raio";  Por Roque Cuervo   //  3ºB - Ed. Primaria (26/27)

      Informante: "Digna González" coa achega inestimable de Paula Carro (nai do alumno)

DEVELOPED BY DUMASTAR

05. "O raposo e o pescadeiro";  Por Erea Peña Taboada (4º Ed. Primaria (26/27)

       Co agarimo da súa bisavoa e "informante", José Antonio Taboada Pérez (Avó Pepe) e o traballo inestimable         da súa nai Diana Taboada Rey​

DEVELOPED BY DUMASTAR

06. "Dona Andrea Estropallo"... Por Adan e Noé Viña Lorenzo (6ºB - 1ºA Ed. Primaria). Co aloumiño         da bisavoa finada Josefa Arias de la Torre. Louzaneta, (Lugo 19-03-1917) e  Concepción Valín             Arias. (Lugo 1952)....E a achega inestimable de Salomé Lorenzo Valín (nai)

​

DEVELOPED BY DUMASTAR

07. "Unha memoria e un valor de familia"... Por Lana Blumer 3º Ed. Primaria (26-27).

       Co agarimo e achegas inestimables da súa gran familia.

DEVELOPED BY DUMASTAR

Micrófono de locutor de radio

8

Nome do proxecto 

Esta é a información do teu proxecto. Ofrece unha breve descrición do mesmo así como dás persoas que formaron parte deste traballo a prol dá recuperación e posta en valor do noso Patrimonio Cultural Inmaterial a través da Radio Escolar.

Pandereteira PNO.png

 Education   Musical

OPENING HOURS

Monday-Friday  8:00 am - 16:00 pm​

© 2023 CEIP da Ramallosa (Teo)

Gaiteiro PNO.png
Zanfonista PNO.png
Banner Centros Modelo PNO.png
Tamborileiro PNO.png
Bailadora 2 PNO.png

ADDRESS

Ceip da Ramallosa

Travesía da Ramallosa, 9

15883- Teo (A Coruña)

Galicia -Spain

oscar@ramallosa.org

Tel: 881-866-498 

  • Icono Social SoundCloud
  • Facebook Basic Black
  • web-icono-1
  • YouTube
  • Instagram
bottom of page