ROQUE IRO / Directos no patio
RADIO E PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL NA BIBLIO
CENTRO MODELO PONTE NAS ONDAS / MODELO DE BOAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS DA UNESCO
Este proxecto educativo, nace ligado á Radio Escolar e á Fonoteca do centro, dándolle unha volta de folla máis ao Proxecto de Radio Escolar como Centro Modelo Ponte nas Ondas. Esta iniciativa tamén está promovida polo EDLG do centro, en colaboración co Equipo de Biblioteca e a BRICAE do Departamento de Convivencia.
A través da figura de "Roque Iro", personaxe que guía o proxecto, iniciamos unha nova andadura e un novo reto educativo; realizar un programa de radio en directo durante o tempo de recreo (patio). No que o alumnado se irá rotando na labor de locutor@/presentador@ alumnado, e a través da revista-guía que conduce o Proxecto, presentará aos seus compañeiros diferentes músicas con menos presencia dentro das emisoras comerciais actuais. Abríndolle aos discentes un horizonte de novas músicas e inquedanzas á par de reforzar tamén outros proxectos educativos do centro. Ao mesmo tempo será unha ferramenta para reforzar todo o traballo dos Proxectos Anuais do centro.

PROXECTOS / GUÍAS DE TRABALLO
ROQUE IRO, RECREOS MUSICAIS. 5 CANCIÓNS DEDICADAS
PROXECTO DE CENTRO 26-27: "Da Ramallosa a Santiago; Bo Camiño Ramalloseiro"
IMAXES / ENLACES

SET RADIO BIBLIOTECA
Set "Directos no Patio"
HORÁRIO DE FUNCIONAMENTO
Segunda a sexta 8: 00h - 16:00h








