
ред. Музичний
Жорсткий підкат від Оскара Суареса до Карбії
CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Тео - Ла-Корунья)



BOLSA DE ESTUDOS MUSICAIS "RAMALLOSA EN BANDA"
Poñendo en valor o noso Patrimonio Cultural Inmaterial a través da ilabor social, cultural e tradicional das bandas populares do noso Concello
Banda Cultural de Teo // Banda San Xoan de Calo
A Bolsa de Estudos Musicais Ramallosa en Banda” nace dunha iniciativa promovida dende a Área de Educación Musical do CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), e froito dun convenio entre o Centro Educativo, o Concello de Teo, a “Banda Cultural de Teo” e a “Banda San
Xoan de Calo”. Os dous alumnos/as bolseiros/as acudirán durante un ano a clases de linguaxe musical e instrumento de forma totalmente gratuíta. O CEIP Plurilingüe da Ramallosa, sufraga unha das dúas bolsas e o Concello de Teo a segunda. Por outra
parte, as dúas Bandas de música, asumen os custes de matrícula e carné de
socio na súa correspondente Asociación Cultural.
Con esta bolsa, ademais de afondar na posta en valor da nosa cultura e patrimonio, tamén creamos lazos entre as entidades que se adican ao traballo asociacionista, vital na nosa
vida social e cultural, e xerme de futuro para as crianzas, que son o noso legado.
Este proxecto, sen dúbida dará grandes froitos tamén a nivel formativo, en
forma de futuros artistas e profesionais do mundo da música.
No CEIP Plurilingüe da RAMALLOSA, queremos poñer unha pedra máis, e seguirmos construíndo ese gran reto de traballarmos día a día na posta en valor do noso.
Sementando a nosa música, lingua, cultura, e patrimonio cultural e Inmaterial a través da comunidade educativa e do tecido asociacionista coa colaboración do Concello de Teo.
AGRADECEMENTOS
Como mestre titular da Área de Ed. Musical, e impulsor da "Bolsa de Estudos Musicais Ramallosa en Banda", quero agradecer persoalmente todo o apoio económico a: O Concello de Teo, a Dirección do CEIPP da Ramallosa e á directiva e profesorado implicado nas Asociacións das citadas Bandas de Música de Teo e Calo,
Sen vós, esta innovadora e valiosa iniciativa musical e cultural non sería posible.
Resaltar a fabulosa acollida das dúas bandas de música, e o bo facer para poñermos a andar este proxecto educativo pioneiro. Neste senso, síntome obrigado tamén a poñer en valor toda a comunicación e canles de ideas xerados previamente ao nacemento da bolsa, con D. Javier González, director dunha das citadas bandas. E que ten polo
tanto a súa parcela de implicación na promoción desta bolsa de estudos.
Grazasss a tod@s!!







.png)
