top of page
A Patrulla salva a lingua galega. Portada 1920x850.png

A PATRULLA CANINA SALVA A LINGUA GALEGA

Este proxecto está promovido polo “Equipo de Dinamización da Lingua galega”, o de Radio Escolar do Centro, e a Área de Ed, Musical do centro, en colaboración cos demais equipos docentes, (biblioteca, Extraescolares, TICs, C. M. Ponte nas Ondas...).

​

O artífice desta locura audiovisual é Óscar Suárez Carbia, mestre de Ed. Musical, coordinador do EDLG, a Radio Escolar e os Centro Modelo Ponte nas Ondas. El foi o responsable de dirixir, gravar e facer a edición e montaxe. Por outra banda, a compañeira Laura García Díaz foi a segunda de abordo, realizando un traballo excepcional na creación e adaptación do guión desta fermosa e valiosa historia da Patrulla Canina,  que nos trae ata a comarca do Ulla ás personaxes desta mítica e querida serie entre os máis pequechos.

​

A idea xurde da preocupación do profesorado pola perda de crianzas galego falantes. Pensamos que un dos principais motivos da perda de uso da nosa lingua e mudanzas na estrutura ao modo castelán prodúcese polo visionado dos deseños animados “máis demandas” por parte do alumnado. O feito de non ter a opción de velos en lingua galega, distánciaos dende moi pequechiños do noso idioma. 

Esta actividade estivo vencellada tamén ao obradoiro de radio e dobraxe que realizamos no centro. 

​​

Gravación da dobraxe:

Na gravación da dobraxe participaron os seguintes mestres:

- Borja Fernández Souto (CHASE)
- Carmen López Fabeiro (MARSHALL)
- Laura García Díaz (EVEREST)
- Marisa Álvarez Garea (RUBBLE)
- Mónica Seoane Maseda (ALCALDESA)
- Odín Suárez Lobato (VOZ en OFF neno)
- Óscar Suárez Carbia (RIDER) + (VOZ en OFF adulto)
- Rafael Vilar Seoane (MALVADO HUNDINGER)

​

Dirección, edición e produción:
Óscar Suárez Carbia

​

Guión orixinal de:
Laura García Díaz

​

Os elementos de animación da obra están editados a partir do episodio orixinal da Patrulla canina; "La Patrulla y el botín del forajido".

​

Serie Orixinal creada por:
Keith Chapman

​

Desenvolvida para televisión por:
Scott Kraft

​

PRODUCIÓN EXECUTIVA
Jennifer Dodge
Ronnen Harary
Keith Chapman
Scott Kraft

​

EPISODIO DIRIXIDO POR:
Jamie Whitney

​


Agardamos que este laborioso traballo realizado con tanto mimo sirva para que cando menos, todas as crianzas poidan gozar dun episodio da súa serie preferida en lingua galega. E cunha historia que pon en valor o noso! A nosa lingua! O noso Patrimonio Cultural Inmaterial. Como ben di o título do episodio; “... salvemos a lingua galega”.

GOZA AQUÍ DO PRIMEIRO EPISODIO 100% GALEGO DA PATRULLA CANINA 

Podes descargar o episodio aquí

 Educació   Musical

HORARI D'OBERTURA

Dilluns divendres  8:00 a.m. - 16:00 p.m​

© 2023 CEIP da Ramallosa (Teo)

ADREÇA

Ceip da Ramallosa

Travesía da Ramallosa, 9

15883- Teo (La Corunya)

Galícia - Espanya

oscar@ramallosa.org

Tel: 881-866-498 

  • Icono Social SoundCloud
  • Facebook Basic Black
  • web-icono-1
  • YouTube
  • Instagram
bottom of page