
Ed. Musical
Entrada dura de Óscar Suárez a Carbia
CEIP Plurilingue da Ramallosa (Teo - A Coruña)



COÑECE AS NOSAS BANDAS POPULARES!!
Poñendo en valor o noso Patrimonio Cultural Inmaterial a través da labor social, cultural e tradicional das bandas populares do noso Concello
Banda Cultural de Teo // Banda San Xoan de Calo
Pois si! Anímate a probar!! Descubre a música que levas dentro!!
Únete ás bandas populares do noso Concello; A Banda de Teo e a Banda de Calo
Con esta información pretendemos afondar na posta en valor da nosa cultura e patrimonio, e seguir creando lazos coas entidades que se adican ao traballo asociacionista. É vital para a nosa vida social e cultural, e xerme de futuro para as crianzas, que son o noso legado.
Quen sabe! Ti podes ser un futuro artista e/ou profesional do mundo da música.
E sobre todo gozar desta experiencia máxica.
Dende a Área de Ed. Musical do CEIPP da RAMALLOSA, queremos seguir poñendo pedras neste camiño, e seguir construíndo día a día, ese gran reto da posta en valor do noso.
Sementando a nosa música, lingua, cultura, e patrimonio cultural e inmaterial a través da comunidade educativa e do tecido asociacionista coa colaboración do Concello de Teo.
BASES / FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
GOZA DOS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN, VENTO MADEIRA E METAL








