Recuperación do Patrimonio Musical Galego dos Séculos XIX-XX no noso Concello

Proxecto "RECOLLIDA: Xoias dos nosos antergos"

Vivimos nunha Galicia cada día máis urbana, onde os cambios xeneracionais,

os medios de comunicación e a globalización impoñen un xeito novo de vida

de costasao noso rico patrimonio cultural.
A música tradicional galega que se foi creando ao longo dos séculos está en parte recollida e estudada, contando con gravacións e documentos que permiten a súa transmisión ao longo do tempo. Estamos ante a última xeración de persoas que aprenderon estas pezas no seu contexto real nunha sociedade que era ben diferente á de hoxe. Por exemplo, cando hoxe aprendemos un baile da regueifa, xa non pensamos no bolo de pan doce (a regueifa) que se repartía nunha voda logo da danza; hoxe é un baile fóra do contexto e sen a súa función orixinal.
Antes, a música aprendíase en grupo coa comunidade e de xeito oral, non coma hoxe, nas escolas e nos conservatorios, máis ben de xeito individual e por escrito, ou mesmo online.

(Ignacio Portela Gómez-Macías - Para o Proxecto "A Nosa Música" - Consellería de Ed. e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia)

recollida_edited.jpg

Dous momentazos de "recollida" co gran Xavier Díaz e unha das máis grandes da música Galega; Consuelo Vázquez (Consuelo dos Queixos). O Paraíso (Berdillo-Carballo), 1934-2021

Grazas a ela e outros "maiores", puidéronse recuperar innumerables pezas tradicionais da nosa música e cultura Galega.

O Antes e o despois: Froitos das Recollidas

Consuelo dos Queixos explica a historia por tras do tema de Xabier Díaz "No salón das cereixas"

Recollida 5.jpeg

Proximamente aquí...
As recollidas do alumnado do CEIP da Ramallosa no Concello de Teo!!

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

Dende a área de Ed. Musical imos levar a cabo un proxecto de

“Recollida de cancións tradicionais dos nosos maiores”; “Xoias dos nosos antergos”.
A actividade consiste en que os cativ@s pregunten aos seus avós, bisavós, veciños,...

Se coñecen algunha peza tradicional que cantaran cando eran moz@s.
O obxectivo final é facermos un “banco” de cancións tradicionais antigas do noso concello e irmos cantándoas e tocándoas na aula.
Deste xeito pretendemos poñer o noso gran de area para que moitas desas pezas non se perdan

e descubrir entre tod@s novas xoias da nosa música.
Por outra banda, é un xeito de motivar aos discentes cara a importancia de mimar a nosa lingua, música e cultura en xeral.

Pois eles son o futuro e nas súas mans está que non perdamos estes nosos tesouros que son a nosa seña de identidade.
Para rexistrar as pezas que vaiades descubrindo cos vosos fill@s, o mellor xeito sería que fixesedes unha gravación en video aos cantareir@s, tocador@s e incluso bailador@s que atopedes. Dese xeito podemos ver a forma de cantar,

tocar ou bailar a peza en cuestión. Para podermos facer un rexistro o máis “fiel” posible da mesma.
Podedes enviar todas as recollidas en video ao seguinte mail:
oscar@ramallosa.org
Ou ao seguinte número de whatssap do centro:
+34 646 68 24 82
Indicando nun pequeno texto os seguintes datos:
*Nome da peza.
*Lugar, parroquia e Concello orixinario da Recollida (onde a cantaban).
*Nome e idade da fonte (persoa que gravamos).

*Nome do alumno/a que fai a recollida. No caso de facelo entre irmáns indicalo tamén.
*Transcripción da letra da peza (se é posible).

Sen máis e agradecendo de antemán a vosa colaboración, envíovos unha aperta grande e moita moita música!!

AS NOSAS RECOLLIDAS

Servilleta de tela

"Concha do Americano"

    Nome: Concha Rodriguez Estévez   //   Toponimia Familiar: "Concha do Americano"  //  Idade: 73 anos  //  Lugar: Castrelo do Val (Teo)

                                                                                            - Recollida da alumna: Mencía Núñez - 

  • icono_caderno