top of page
Banner Guía de Tarefas.jpg

ORGANIZACIÓN DE TAREFAS POR AVALIACIÓN

Preme no botón "tarefas de Ukelele" da imaxe da esquerda.  Entrarás na páxina de actividades do blogue do "Proxecto UkeCole" e poderás ver o que estamos a facer e planificar o teu estudo de ukelele.

A maiores, neste apartado web atoparás todos os demais contidos que estemos a traballar de Ed. Musical.

Con especial atención ás actividades do "Proxecto de Percusión tradicional" e todo o proceso de aprendizaxe para tocar a pandeireta entre outras cousas.

Todos os contidos desta páxina son realmente obxecto de aprendizaxe.

Sen límites!! Especialmente todos os video titoriais do apartado "MESTRES". Onde tendes videos coa técnica básica do instrumento, exercicios, ritmos...

Da man do profe "Óscar" e de músicos/artistas de recoñecida traxectoria e prestixio dentro da música tradicional galega.

Preme na imaxe para ver os ritmos do exame de pandeireta.

ATENCIÓN!! Este é o único exame de toda a túa vida de estudante que se repetirá sen cambiar durante 3 cursos escolares nas tres avaliacións do curso. Máis sinxelo imposible!! 

Se o tomas un pouco en serio terás unha notaza asegurada como pandereteir@, e farás moi feliz ao profe Óscar.

 3º ED. PRIMARIA (INICIACIÓN)

1. Partes da pandeireta. Agarre do instrumento:

Empezaremos aprendendo cousas básicas como as partes da pandeireta e a forma de collela ou agarre. Tamén podes reforzar estas cousiñas traballadas na aula nestoutro vídeo.

Para coñecer o instrumento a fondo e aos nosos luthiers/artesáns do concello premede nestes enlaces de  Pablo Seoane e Iago Salgado.

 

 

2. Técnica básica:  

Antes de empezarmos a facer calquera ritmo é fundamental traballar a técnica básica para tocar. Despois só será cuestión de practicar cada ritmo que nos propoñamos.

    2.1 Técnica básica

           

   

 

 

    2.2 Técnica ritmo abanico

    3.2 Técnica xogando con ritmos:

          Practica con este musicogramas traballando a técnica básica con "TI" e "TI-CO"

         SOL - LÚA 

         SOL-LÚA 2       

         PIZZICATO          

3. Ritmos para traballar esta avaliación:

    3.1 Xota de catro/xota curta (son de Rarís)

           

   

    3.2 Tocaremos o "pasodobre básico" coa técnica do ritmo de "abanico" explicada arriba.

    3.3 Pasodobre II, cun ritmo máis complexo parecido ao da xota de 4 (son-son de rarís).

    3.4 Ritmo de vals coa mesma técnica de "abanico" do pasodobre básico.

4. Cancións/coplas para cantar esta avaliación:

    - "Catro vellos mariñeiros": Con ritmo de vals na pandeireta. Letra aquí

    - "O galo canta": Ritmo de "abanico" na pandeireta. Letra/acordes aquí. Audio.

    - "Pasodobre de A Illa" (Freixeiro – Sta comba). Letra aquí.

    * Panxoliñas/cantos de reis:

    - "Algho han de traer" (creación propia). Letra aquí/Música aquí.

    - "Nadal de Luíntra" (Berrogüetto). Letra aquí/ Música e acordes aquí.


 

 

 4º -  5º  -  6º  ED. PRIMARIA 

1. Técnica do instrumento:

    Seguiremos traballando o agarre e técnica da pandeireta cos exercicios que xa sabemos.

    (Para dúbidas, consultade este apartado nas tarefas do 3º curso).

2. Ritmos para traballar esta avaliación:

    - Seguiremos reforzando todos os ritmos xa traballados o curso pasado.

       Pero implementando a capacidade de cantarmos e tocarmos ao mesmo tempo e o

       "toque co puño".

       Por suposto, a cada curso esixiráselle un nivel diferente en cada un dos ritmos.

       Avaliando o traballo tendo en conta isto.

       2.1 Ritmo de pasodobre básico coa técnica de abanico.

  

       2.2 Ritmo de vals básico (abanico).

       2.2 Ritmo de pasodobre II (son-son de rarís).

 

       2.3 Xota de catro/xota curta (son de Rarís).

 

       2.4 Xota de cinco/xota longa (ana come pan).

 

       2.5 Muiñeira (plá-ta-no). 4º sen "riscado" e 5º e 6º "con riscado"

3. Cancións/coplas para cantar esta avaliación:

     4º E.P.  

    - "A saia da carolina": Con ritmo de "abanico". Audio - letra aquí

    - Pasodobre de Marfulo (Vilaño - A Laracha).  Letra aquí.

     5º E.P.  

    - "Se chove, deixa chovere": Ritmo de "abanico" e xota de 4. karaoke aquíPdf letra aquí

    - "Ronda de Mangüeiro" (Avión/Ourense). Letra aquí.  Audio aquí

     6º E.P.  

    - Compoñeremos a versión propia dos ramalloseiros da peza tradicional "Zúmballe o caneco"

    - "Xota do Folgoso" (Cerceda)  "ELENA". Tocada con ritmo de xota de 4.  Letra aquí.

   

   PANXOLIÑAS, 4º - 5º - 6º:

    - Panxoliña dos ramalloseir@s "Algho han de traer". Letra aquí/Música aquí.

    - "Nadal de Luíntra" (Berrogüetto). Letra aquí/ Música e acordes aquí.

 

 

  RITMOGRAMA PARA TRABALLAR TÉCNICA E RITMOS DOS EXAMES DE CADA AVALIACIÓN

 

   Panxoliñas tradicionais deste Nadal  2023 _24. 

-  BUSCANDO UNHA ESTRELA (Ed.Infantil e 1º Ed. primaria). Descarga a letra e acordes.

- OS TRES REISES MAGOS. (Cantan/tocan  2º) Descarga a letra e os acordes aquí.

- ALÓ ENTRE AS PALLAS. (Cantan/tocan  3ºA - 3ºC - 4ºA). Letra e acordes aquí.

-  O PELO ROXIÑO. (Cantan/tocan  3ºB - 4ºC - 4ºB) Descarga a letra e acordes aquí.

- "UNHA POUCA ROUPIÑA" (Cantan/tocan 5ºA - 5ºC - 6ºB) Descarga a letra e acordes aquí.

- O APALPADOR. (Canta 6ºA - 6ºC e 5ºB). Letra e acordes aquí.

 NOTA:

Neste  pdf xeral, podedes ver todas as letras e os enlaces aos audios sen acordes.

Excepto a peza "Aló entre as pallas".

RECURSOS COMPLEMENTARIOS PARA TODOS OS CURSOS:

O TEU METRÓNOMO IDEAL PARA ESTUDAR. PREME AQ!!

 

E lembra marcar os tempos de subdivisión ternaria para tocar xotas, muiñeiras,...

 

Outras actividades anuais relacionadas con proxectos do centro e coa  Área de Musica:

    

    Ao longo de todo o curso seguiremos traballando en diversos proxectos xa iniciados con

    anterioridade. Tanto da propia área da música, como de maneira interdisciplinar  

    noutros a nivel centro.

 

    - Proxecto Ukecole (4º - 5º- 6º EP). Máis info aquí.

    - Proxecto Didáctico Antonio Fraguas: "EcoParloteo: Froitos da Terra". Info aquí

   - Polos creativos. Preme aquí.

    - Proxecto recollida. Preme aquí.

    - Radio escolar. Preme aquí.

    - Aula Combo. Preme aquí

    - A nosa banda. Preme aquí.

    - Cóntame un conto. Preme aquí.

    - Ao son da nosa música. Preme aquí.

    - Músic@s galegas. Preme aquí.

    - Outros instrumentos da aula: Aprende batería e baixo eléctrico. Vídeo-titoriaís aquí.

       ....

* VISITAS educativas das nosas "Asociacións culturais de música tradicional galega" e "Bandas de música do concello" e outras limítrofes.

 

* Saídas a concertos e outras actividades culturais.

* Visita o blogue do profe para ver actividades, montaxes, fotos... Aquí

 Vive  a  experiencia  de  sentir a nosa Lingua, música e cultura!!

1ª AVALIACIÓN

2ª AVALIACIÓN

O PUBLICADO NESTA PÁXINA. TRABALLO INICIÁNDOSE E SUXEITO A POSIBLES ADAPTACIÓNS ATENDENDO AOS CRITERIOS DE FLEXIBILIDADE PROPIOS DO PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE.

ENTRA TAMÉN EN TODAS AS TAREFAS DE UKELELE PREMENDO ARRIBA NO RECADRO AO CARÓN DO LOGO DESTE PROXECTO.

PROGRAMANDO

3ª Avaliación

PROGRAMANDO

Moita música
Ramalloseir@s!!

Equipo de musica
bottom of page