Ritmos Característicos
Ed. Musical
Óscar Suárez Carbia
CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo - A Coruña)
Bolsa de Estudos Musicais Pablo Seoane
Área de Ed. Musical - CEIP Plurilingüe da Ramallosa
A “Bolsa Pablo Seoane” nace dunha iniciativa promovida dende a Área de Educación Musical do CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), xurdida durante o Proxecto de centro Aulas Musicais, e froito dun convenio entre o Centro Educativo e a “Sociedade Recreativa San Xoán de Calo” (Asociación Local na que o gaiteiro “Pablo Seoane”, imparte clases e coordina o Proxecto Educativo da mesma).
Os 2 alumnos bolseiros/as acudirán durante un ano a clases de Gaita e linguaxe musical de forma totalmente gratuíta á mencionada asociación. O CEIP Plurilingüe da Ramallosa, sufraga unha das dúas bolsas e o Concello de Teo a segunda. Por otra banda, a “Sociedade Recreativa de Calo”, asume os custes de matrícula e carné de socio da Asociación para os dous alumnos becados.
Os dous alumnos bolseiros este curso 2024-25 son:
- Martínez Golán, Valentina (5ºB).
- Bouzón Moure, Pablo (3ºB).
PARABÉNS ghaiteir@s!!
Dende o centro, queremos agradecer á Asociación Recreativa de Calo, ao Concello de Teo, á ANPA Río Tella e a toda a directiva e profesorado implicado na formación dentro asociación, a gran acollida e bo facer para poñermos a andar esta iniciativa educativa pioneira. E por suposto, todo isto, non sería posible, sen o cariño e apoio sempre inestimable de "Pablo Seoane", o noso querido veciño. Gran artesán, músico, docente... E mellor persoa. Grazas amigo!
Este proxecto, sen dúbida dará grandes froitos!! E dará froitos en forma de ffuturos artistas e profesionais do mundo da música.
No CEIP Plurilingüe da RAMALLOSA, seguiremos sementando a nosa música, lingua e cultura, a través da comunidade educativa e do tecido asociacionista do Concello de Teo.