AULA COMBO
Esta é outra das nosas novas propostas educativas deste ano!! Chegan as clases de combo ou tamén chamadas " ensambles"!! Ofrecemos a oportunidade de coñecer, tocar e gozar distintos instrumentos. Cun enfoque moi dinámico de participación grupal, os nosos alumnos cambian de instrumento, da batería ao baixo, á guitarra, ao piano, cantan…
Achéganse de forma práctica e comprenden realmente o papel que xoga cada instrumento nunha banda, descobren en cal deles queren profundar e aprenden o valor do traballo en equipo.
Está dirixida ao alumnado de 6º curso de Ed. Primaria e a dinámica consiste en que partindo dun traballo previo na aula e un pequeno apoio e asesoramento continuado, formen o seu propio grupo de música e experimenten a alucinante aventura de tocar en grupo a modo de pequena banda e crear as súas propias composicións.
Os ensaios destes grupos serán na propia aula de música, e estarán coordinados polo propio alumnado. Creando unha listaxe coas quendas de cada grupo por días da semana. Utilizaranse os momentos do recreo para organizar esta actividade alternativa e complementaria ao traballo de Ed. Musical.
Os Grupos Oficiais do Centro de música Tradicional e Ukelele tamén poderán participar netes programa, (máis info en "A nosa Banda").
MOI PRONTO AQUÍ....
TODAS AS FORMACIÓNS DESTE CURSO ESCOLAR!!




INSTRUMENTOS
- CONTEMPORÁNEO: BATERÍA, BAIXO ELÉCTRICO, VOCES, GUITARRA, UKELELE ELÉCTRICO...
- TRADICIONAL: PANDEIRETA, VOZ, BOMBO, TAMBORIL, GAITA, CUNCHAS...
- FUSIÓN: (Mistura dos dous tipos de instrumentación)