Ritmos Característicos

Ed. Musical
Óscar Suárez Carbia
CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo - A Coruña)


Recuperación do Patrimonio Musical Galego dos Séculos XIX-XX no noso Concello
Proxecto "RECOLLIDA: Xoias dos nosos antergos"
Vivimos nunha Galicia cada día máis urbana, onde os cambios xeneracionais,
os medios de comunicación e a globalización impoñen un xeito novo de vida
de costasao noso rico patrimonio cultural.
A música tradicional galega que se foi creando ao longo dos séculos está en parte recollida e estudada, contando con gravacións e documentos que permiten a súa transmisión ao longo do tempo. Estamos ante a última xeración de persoas que aprenderon estas pezas no seu contexto real nunha sociedade que era ben diferente á de hoxe. Por exemplo, cando hoxe aprendemos un baile da regueifa, xa non pensamos no bolo de pan doce (a regueifa) que se repartía nunha voda logo da danza; hoxe é un baile fóra do contexto e sen a súa función orixinal.
Antes, a música aprendíase en grupo coa comunidade e de xeito oral, non coma hoxe, nas escolas e nos conservatorios, máis ben de xeito individual e por escrito, ou mesmo online.
(Ignacio Portela Gómez-Macías - Para o Proxecto "A Nosa Música" - Consellería de Ed. e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia)
Queres saber máis cousiñas do que chamamos música tradicional?
Preme aquí e faraste un auténtico experto/a na materia.

Dous momentazos de "recollida" co gran Xavier Díaz e unha das máis grandes da música Galega; Consuelo Vázquez (Consuelo dos Queixos). O Paraíso (Berdillo-Carballo), 1934-2021
Grazas a ela e outros "maiores", puidéronse recuperar innumerables pezas tradicionais da nosa música e cultura Galega.
O Antes e o despois: Froitos das Recollidas
Consuelo dos Queixos explica a historia por tras do tema de Xabier Díaz "No salón das cereixas"

Proximamente aquí...
As recollidas do alumnado do CEIP da Ramallosa no Concello de Teo!!
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
Dende a área de Ed. Musical imos levar a cabo un proxecto de
“Recollida de cancións tradicionais dos nosos maiores”; “Xoias dos nosos antergos”.
A actividade consiste en que os cativ@s pregunten aos seus avós, bisavós, veciños,...
Se coñecen algunha peza tradicional que cantaran cando eran moz@s.
O obxectivo final é facermos un “banco” de cancións tradicionais antigas do noso concello e irmos cantándoas e tocándoas na aula.
Deste xeito pretendemos poñer o noso gran de area para que moitas desas pezas non se perdan
e descubrir entre tod@s novas xoias da nosa música.
Por outra banda, é un xeito de motivar aos discentes cara a importancia de mimar a nosa lingua, música e cultura en xeral.
Pois eles son o futuro e nas súas mans está que non perdamos estes nosos tesouros que son a nosa seña de identidade.
Para rexistrar as pezas que vaiades descubrindo cos vosos fill@s, o mellor xeito sería que fixesedes unha gravación en video aos cantareir@s, tocador@s e incluso bailador@s que atopedes. Dese xeito podemos ver a forma de cantar,
tocar ou bailar a peza en cuestión. Para podermos facer un rexistro o máis “fiel” posible da mesma.
Podedes enviar todas as recollidas en video a través do "drive" de gmail ao seguinte mail:
oscar.ramallosa@gmail.com
Ou envialo non "pincho" (pendrive) a través do propio alumnado.
Indicando nun pequeno texto os seguintes datos:
*Nome da peza.
*Lugar, parroquia e Concello orixinario da Recollida (onde a cantaban).
*Nome e idade da fonte (persoa que gravamos).
*Nome do alumno/a que fai a recollida. No caso de facelo entre irmáns indicalo tamén.
*Transcripción da letra da peza (se é posible).
Todos estes datos tendes que cumprimentalos no formulario de recollida que podedes descargar a continuación.
Sen máis e agradecendo de antemán a vosa colaboración, envíovos unha aperta grande e moita moita música!!
AS NOSAS RECOLLIDAS

"Concha do Americano"
Nome da "informamante": Concha Rodriguez Estévez // Toponimia Familiar: "Concha do Americano"
Idade: 73 anos // Lugar: Castrelo do Val (Ourense) - Recollida da alumna: Mencía Núñez -
Peza: "Para vir a xunta min"
Nome da "informante":
Carmen Cancela Noya
Toponimia Familiar: "Pendente"
Idade: 62 anos
Lugar:
Gontar- Val do Dubra (A Coruña)
Recollida da alumna:
Abril García Devesa
"Carmen"
Peza: "Muiñeira de Amoedo"
Nome da "informante":
Pendente
Toponimia Familiar: "Pendente"
Idade: Pendente anos
Lugar:
Pazos de Borbén (Pontevedra)
Recollida do alumno:
Hugo Martínez Nariño