Ritmos Característicos
Ed. Musical
Óscar Suárez Carbia
CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo - A Coruña)




Radio Escolar
"Radio Ramalloseir@s"
Proxecto iniciado no curso escolar 2020_21, adicado á realización de; Obradoiros de Radio, teatro radiofónico, dobraxe, edición e gravación de música e vídeo...
Neste proxecto educativo é preciso destacar tamén a nosa participación nos proxectos “Radio Espora” e “Ponte nas Ondas” (Patrimonio Inmaterial da Humanidade). Despois de ser presentada na UNESCO polos embaixadores de Portugal e España, a candidatura de “Ponte nas ondas”, entrou na fase final avaliación por parte do organismo internacional. Nesta etapa o comité avaliador decide as propostas de inscrición das candidaturas de patrimonio inmaterial para ser proclamadas na XVII sesión do Comité da UNESCO que se celebrará no próximo mes de decembro.
Se todo segue segundo o proposto, o noso centro educativo formará parte polo tanto, da Lista Representativa do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial).
O Rexistro das Boas Prácticas está conformado por experiencias que demostran a súa eficacia na preservación e a transmisión do patrimonio vivo. Estes métodos e enfoques enténdense como modelos e ensinanzas útiles adaptables a outras circunstancias, incluso en países en desenvolvemento.

Preme nos botóns laterais para entrar nos contidos de Radio Ramalloseiros
INFO: Seguimos traballando na subida de contidos á nova canle.
Redirixindo todos os programas da canle anterior. Desculpade as molestias!
"I Congreso de Innovación Educativa e Dixital"
Convite como ponentes ao "Obradoiro de Radio Escolar"; ONDAS DE FUTURO NA ESCOLA
É un orgullo para nós e unha recompensa ao noso traballo ter a oportunidade de compartir a nosa experiencia con máis docentes e alumnado de todo Galicia.
Este é o momento de facervos seguidores/siareiros de "Radio Ramalloseir@s", e que nos deades os vosos "me gusta". Graciassss!!
Contacto
Contacta co centro vía telefónica ou a través do noso mail para entrevistas, presentacións, etc