top of page
Music Producers

COMPOSICIÓNS MUSICAIS PROPIAS

Velaquí vos deixamos diferentes composicións musicais que fomos creando ao longo destes últimos anos no centro. Música creada para empregar a nivel educativo e divulgativo nos nosos proxectos, actividades, conmemoracións...

Pensamos que por enriba de todo, son ao fin, un fermososo agasallo para todos os/as que nos sentimos Ramalloseir@s. Unha seña de indentidade que fai medrar a nosa Comunidade Educativa.

"Algho han de traer"

Obra presentada ao concurso da Televisión de Galicia (TVG), "A canción do Nadal 2021".

Xa podes escoitala e cantala coa letra aquí!!

"Videoclip"

"EcoRock"

Velaquí vos deixamos o videclip da canción oficial do noso Proxecto deste ano, "EcoTeo; Ramalloseir@s coa natureza”.

Foi un traballo levado a cabo co alumnado de 6º de Ed. Infantil. Sempre coa axuda inestimable das profes titoras! Neste caso, Mónica e Laura

Mil grazas a todas as familias, alumnado e mestres compañeir@s participantes no Proxecto ao longo destes cursos.

Lembremos sempre, que vivimos, grazas aos agasallos deste noso planeta!

É a nosa "obriga vital" respectalo e darlle aloumiños día a día entre tod@s.

Sexamos responsables!

Agradecementos tamén á "A CASA DO ROCK", centro oficial da "RockSchool MUSIC" en Santiago de Compostela. Por cedernos a base instrumental sobre a que fixemos os pertinentes arranxos musicáis e a letra da canción, para crear o temazo do Proxecto deste ano.

"Himno Oficial do Centro"

A canción por excelencia dos ramalloseiros/as!! Esta adaptación do coñecido tema do grupo ColdPlay (Viva la Vida), ten poderes máxicos para facer tremer os nosos corazonciños e saltarnos as vágoas. Aquí vos deixamos o resultado final e tamén unha versión en modo karaoke para que desfrutedes cantándoa.

"A porta violeta" (25N) 

Aquí vos deixamos a gravación do arranxo musical desta canción versionada en galego para conmemorar o "Día Mundial Contra a violencia de xénero" o 25 de Novembro.

Incluímos no video o video titorial para tocala en ukelele e a letra para cantala en modo karaoke.

Tamén achegamos o vídeo co resultado final de todo o traballo, no que o alumnado de 4ºA representou tamén toda a canción con lingua de signos.

"Blues da Convivencia"

Canción oficial do "Proxecto de Convivencia" do CEIP da Ramallosa (Teo).
Unha aportación da "Área de Ed. Musical" ao "Proxecto de Convivencia do centro" coordinado polo Departamento de Orientación. Como todo o traballo do centro, sempre baixo o apoio e cooperación interdisciplinar dos diferentes equipos do centro; Dinamización da Lingua Galega, Biblioteca, TIC´s...

"SamaGosto"

 A nosa canción oficial da celebración no cole do "Samaín" e o "Magosto".

"CoviReguéifate"

 Aquí vos deixamos a nosa candidatura deste ano ao "Enreguéifate 2021". Unha regueifa con temática COVID á que non lle falta a retranca e sátira propias deste xénero. Un aplauso para "Os Ramalloseir@s"!! 

Apartado en construción!!

Estamos subindo todos os contidos!!

bottom of page