
Historia viva do noso centro
Proxectos do Centro
Nesta páxina poderás ver o desenvolvemento e traballos realizados nos últimos anos no centro educativo a través dos diferentes Equipos Docentes (EDLG, EAE, Biblioteca...) e da propia Área de Ed. Musical. Todos eles cun alto valor educativo e relacionados a meirande parte coa posta en valor do noso Patrimonio Cultural Inmaterial, a concienciación sobre a importancia do coidado do noso medio ambiente e sempre coa nosa lingua e cultura como bandeira.
Nota aclaratoria: Pode haber proxectos que se repitan nalgún dos apartados por formar parte destes dalgunha maneira. Tanto no traballo docente en xeral como nos obxectivos, actividades e/ou desenvolvemento dos mesmas

PREMIO EN INNOVACIÓN EDUCATIVA
Museo do Pobo Galego
Fundación Antonio Fraguas
ECOPARLOTEO; FROITOS da TERRA!!
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
DA LINGUA GALEGA
EDLG



ESCOLA VERDE
“EcoTeo"
RAMALLOSEIR@S COA NATUREZA"


BLOGUES PROFESORADO


"Radio Ramalloseir@s"
Serie "Destino Escuro"
"Destino oscuro" é unha recoñecida ficción sonora e programa de radio teatro escolar que foi premiado a nivel internacional.
Esta produción foi realizada polos alumnos do CPI Plurilingüe da Ramallosa (situado no concello de Teo, Galicia) baixo a coordinación do mestre de Ed. Musical do centro Óscar Suárez e co apoio e traballo excepcional do mestrre de practicum e actor galego, Xurxo Barcala . O proxecto acadou un grande éxito ao conseguir o primeiro premio no concurso internacional de radio escolar Schools 21C no ano 2021. O certame, cuxa gala de clausura e entrega de premios se celebrou na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), recoñeceu a calidade técnica e creativa desta peza de radioteatro musical e xuvenil.
(Premio Internacional de Radio Escolar)



