top of page
Banner bolsa Ramallosa en Banda.jpeg

 BOLSA DE ESTUDOS MUSICAIS "RAMALLOSA EN BANDA" 

Poñendo en valor o noso Patrimonio Cultural Inmaterial a través da ilabor social, cultural e tradicional das bandas populares do noso Concello

Banda Cultural de Teo   //   Banda San Xoan de Calo

A Bolsa de Estudos Musicais Ramallosa en Banda” nace dunha iniciativa promovida dende a Área de Educación Musical do CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), e froito dun convenio entre o Centro Educativo, o Concello de Teo, a “Banda Cultural de Teo” e a “Banda San

Xoan de Calo”. Os dous alumnos/as bolseiros/as acudirán durante un ano a clases de linguaxe musical e instrumento de forma totalmente gratuíta. O CEIP Plurilingüe da Ramallosa, sufraga unha das dúas bolsas e o Concello de Teo a segunda. Por outra

parte, as dúas Bandas de música, asumen os custes de matrícula e carné de

socio na súa correspondente Asociación Cultural.

​

Con esta bolsa, ademais de afondar na posta en valor da nosa cultura e patrimonio, tamén creamos lazos entre as entidades que se adican ao traballo asociacionista, vital na nosa

vida social e cultural, e xerme de futuro para as crianzas, que son o noso legado.​​

Este proxecto, sen dúbida dará grandes froitos tamén a nivel formativo, en

forma de futuros artistas e profesionais do mundo da música.

​

No CEIP Plurilingüe da RAMALLOSA, queremos poñer unha pedra máis, e seguirmos construíndo ese gran reto de traballarmos día a día na posta en valor do noso.

Sementando a nosa música, lingua, cultura, e patrimonio cultural e Inmaterial a través da comunidade educativa e do tecido asociacionista coa colaboración do Concello de Teo.

AGRADECEMENTOS

Como mestre titular da Área de Ed. Musical, e impulsor da "Bolsa de Estudos Musicais Ramallosa en Banda", quero agradecer persoalmente todo o apoio económico a: O Concello de Teo, a Dirección do CEIPP da Ramallosa e á directiva e profesorado implicado nas Asociacións das citadas Bandas de Música de Teo e Calo, 

Sen vós, esta innovadora e valiosa iniciativa musical e cultural non sería posible.

​

Resaltar a fabulosa acollida das dúas bandas de música, e o bo facer para poñermos a andar este proxecto educativo pioneiro. Neste senso, síntome obrigado tamén a poñer en valor toda a comunicación e canles de ideas xerados previamente ao nacemento da bolsa, con D. Javier González, director dunha das citadas bandas. E que ten polo

tanto a súa parcela de implicación na promoción desta bolsa de estudos.​

​

Grazasss a tod@s!!

​

Logo_Cole Ramallosa_def23_24.png
Concello de Teo.png
logo consellería.png

Entidades Colaboradoras

Banda San Xoan de Calo logo.jpg
Banda Cultural de Teo logo.jpeg

 Educación  Musical

HORARIO DE APERTURA

Luns-Venres 8:00 am - 18:00 pm​

© 2019-2026 CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo)

DIRECCIÓN​

​

Ceip da Ramallosa

Travesía da Ramallosa, 9

15883- Teo (A Coruña)

Galicia -España

ramallosamusical@gmail.com

Tel: 881-866-498 

  • Icono Social SoundCloud
  • Facebook Basic Black
  • web-icono-1
  • YouTube
  • Instagram
bottom of page