Banner Guía de Tarefas.jpg

ORGANIZACIÓN DE TAREFAS POR AVALIACIÓN

Preme no botón "tarefas de Ukelele" da imaxe da esquerda.  Entrarás na páxina de actividade do blogue de UkeCole e poderás ver o que estamos a facer e planificar o teu estudo.

PROXECTO de "Percusión tradicional Galega":

Neste apartado atoparás tamén a maiores, os contidos que estemos a traballar de Ed. Musical.

Con especial atención ás actividades do "Proxecto de Percusión tradicional" e todo o proceso de aprendizaxe para tocar a pandeireta.

 

Pero non esquezades que todos os contidos desta páxina son realmente obxecto de aprendizaxe.

Sen límites!! Especialmente todos os video titoriais do apartado "MESTRES". Onde tendes videos coa técnica básica do instrumento, exercicios, ritmos...

Da man do profe "Óscar" e de músicos/artistas de recoñecida traxectoria e prestixio dentro da música tradicional galega.

Tarefas de pandeireta, canto, baile... // 2ª AVALIACIÓN (2021_22)

Letra&Acordes_TERRA_Tanxugueiras.png
RITMO PANADERAS.png

Dado que temos ás TANXUGUEIRAS, grupo musical do noso Concello, a piques de ser seleccionadas para representarnos no Festival de Eurovisión deste ano. Os ramalloseir@s imos estar con elas a tope!!

Tocaremos e cantaremos tanto co UKELELE como coa pandereta este pedazo de tema, que sen dúbida, debera representarnos no festival de Eurovisión deste 2022!! Parabéns veciñas!! 

 

Déixovos aquí a letra, (que inclúe os acordes de ukelele), para que vaiades practicando e en nada teredes tamén aquí o titorial de video que vos estou a preparar para traballar novos ritmos con TERRA para a pandeireta.

Na aula traballaremos uns puntos de baile tradicionais sinxeliños para poder bailar tamén a canción.

Aquí tendes a letra cos acordes de "TERRA", en formato descargable!!

Para tocala e cantalao vindeiro 23 de febreiro, na conmemoración do día de Rosalía. Que como vos contei, muda de data para o 23 de Febreiro. Así que, temos máis un mes para aprender a letra de memoria!!

E no seguinte enlace poderás empezar a traballar o ritmo básico de muiñeira, mentras non vos achego un enlace co ritmo propia para TERRA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(PODES DESCARGAR ESTA FICHA DE ACORDES E IMPRIMILA)
 

PRACTICA CON TERRA ESTE RITMO DE "PANADERAS"                                                           OUTROS RITMOS DE "PANEDERAS"

 

 

 

ORIXE DO RITMO DE "PANADERAS"

Tarefas de pandeireta, canto, baile... //  3ª  AVALIACIÓN

Nesta terceira avaliación seguiremos a traballar os ritmos de pandeireta xa traballados.

Só incorporaremos a técnica tocando co puño para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria

Deste xeito, organizamos o traballo da seguinte maneira:

3º e 4º:

- PANDEIRETA:

Ritmo de pasodobre coa técnica de abanico, xota de catro/xota curta (son de Rarís), xota de cinco/xota longa (ana come pan)

e muiñeira sen riscado (plátano).

- CANTIGAS PARA CANTAR E TOCAR

. Lembraremos a canción Pasodobre de A Illa (Freixeiro – Sta comba), para cantalo o día das Letras Galegas. Preme no nome para ver a letra.

. Lembraremos a canción Pasodobre de Marfulo (Vilaño - A Laracha)para cantalo o día das Letras Galegas. Preme no nome para ver a letra.

3º e 4º Tocamos WELLERMAN.

- BAILE:

Lembraremos os puntos xa traballados para bailar a canción TERRA de Tanxugueiras e bailarémolos en roda o día das Letras Galegas. 

 

5º e 6º

- PANDEIRETA:

Ritmo de pasodobre coa técnica de abanico, pasodobre 2 (son son de rarís)xota de catro/xota curta (son de Rarís),

xota de cinco/xota longa (ana come pan), muiñeira con riscado (plátano), toque con puño.

- CANTIGAS PARA CANTAR E TOCAR

. Lembraremos a canción "Ronda de Mangüeiro" (Avión/Ourense), para cantala o día das Letras Galegas. Preme no nome para ver a letra.

6º. Lembraremos a canción "Xota do Folgoso" (Cerceda)  "ELENA"para cantala o día das Letras Galegas. Preme no nome para ver a letra.

5º e 6º Tocamos WELLERMAN.

5º e 6º Compoñeremos a nosa propia versión da canción tradicional "Zúmballe o caneco"

- BAILE:

Lembraremos os putos xa traballados para bailar a canción TERRA de Tanxugueiras e bailarémolos en roda o día das Letras Galegas. 

=================================================================================

No apartado de "mestres" tendes diferentes videos explicativos  dos ritmos de pandeireta. En todo caso seguirei a facer novos videos máis específicos na medida que a vida mo permite.

NOTA INFORMATIVA: Como sabedes, de todas as tarefas propostas non hai nada novo  +que estudar . Agás o toque con puño en 5º e 6º. Todo o demais xa foi traballado durante este curso e os cursos pasados polo alumnado de cuarto curso cara adiante.

 Vive  a  experiencia  de  sentir a nosa Lingua, música e cultura!!

1ª AVALIACIÓN

2ª AVALIACIÓN

TRABALLO CONCLUÍDO. SEGUIMOS PRACTICANDO OS RITMOS DE XOTA, PASODOBRE (básico). E DE VEZ EN CANDO, CANTA AS CANCIÓNS QUE TEMOS NO REPERTORIO DE CANTAREIR@S: Xota de Folgoso (Elena), Pasodobre de A Illa e Pasodobre de Marfulo.

EN MARCHA!! A TOPE COAS TANXUGUEIRAS!!

Cantamos, bailamos e tocamos coa pandeireta e o ukelele a canción de TERRA. Actuación final o día 23 de Febreiro con motivo da celebración do día de Rosalía. 

Seguimos a traballar todos os ritmos de pandeireta da avaliación e/ou cursos pasados; xota curta (son de Rarís) e xota longa (Ana come pan).

A maiores, esta avaliación engadimos o ritmo de MUIÑEIRA (sen riscado e/ou con riscado (plátano, plátano). E aprendimos a letra de TERRA

Lembrade que tendes titoriais para lembrar os ritmos no apartado de mestres! Como sabedes, o acceso a toda esta información explícase a cotío na aula.

3ª Avaliación

Detallado no apartado correspondente.

Resumindo, seguimos traballando os mesmos ritmos de pandeireta, cantamos as pezas por cursos e bailamos os puntos traballados para a canción das Tanxugueiras TERRA

Moita música
Ramalloseir@s!!

Equipo de musica