top of page
QQqf7Lu8pQvadoXXp8wkJPu7cgK5JX5ln6Io9iO0WySTHByd0-gQpX7tg4G0HxEo5Nx1_heS=s900-c-k-c0x00fff

Fenómeno  TANXUGUEIRIÑAS

Esta actividade xorde recentemente debido ao éxito recente das Tanxugueiras coa súa presentación á candidatura de Eurovisión 2022.

 

O caso é que nos decatamos de que estaba a supoñer todo un fenómeno de masas entre os nenos/as. Especialmente no noso 17 centro, polo feito de que dúas das integrantes da formación (as irmáns Olaia e Sabela), son do noso Concello. De feito empezaron a súa carreira nunha das asociacións de música tradicional coas que colaboramos dende o centro; “A Mámoa” (Luou-Teo).

 

Todo xerminou coa proposta na aula de música, a principios da 2ª avaliación, de cantarmos e tocarmos coa pandeireta e o ukelele a canción TERRA. Pero o caso é que o fenómeno medrou e medrou como a espuma!! E como equipo de Dinamización da Lingua Galega, non podiamos deixar escapar esta onda.

Así naceu no cole este “Fenómeno Tanxugueiriñas”!!

Vivamos como galeg@s!!

Dende o CEIP Plurilingüe da Ramallosa, a través da Área de Ed. Musical, quixemos apoiar explicitamente a candidatura a EUROVISIÓN 2022 das nosas veciñas; AS TANXUGUEIRAS.

 

Sementando así a nosa música, lingua, cultura... Así como a de tantos músic@s de recoñecido prestixio como; LEILÍA (veciñas e precursoras), Xavier Díaz, Faltriqueira, ....

E outros miles que non chegan á difusión que se merecen. Son moitos e moitas!! Algúns espallando a nosa música dende fai décadas!!

Pero as nosas veciñas TANXUGUEIRAS constitúen sen dúbida un fenómeno nunca vivido que se convirte nunha oportunidade única para darlle á nosa lingua e música tradicional o espazo que se merece a nivel mundial.

Algo importante tamén para todos os pobos do mundo e outras linguas "minoritarias".

Hoxe máis que nunca, VIVAMOS COMO GALEGOS nesta nosa queridiña terra Galega!!

 

Grazas Tanxugueiras!!

Fenómeno Tanxugueiriñas!!

Fenómeno Tanxugueiriñas!!

Fenómeno Tanxugueiriñas!!
Search video...
"TANXUGUEIRIÑ@S" - CEIP Plurilungüe da Ramallosa (Teo)

"TANXUGUEIRIÑ@S" - CEIP Plurilungüe da Ramallosa (Teo)

03:15
Play Video
As nosas "Tanxugueiriñas" na TVG - Bamboleo

As nosas "Tanxugueiriñas" na TVG - Bamboleo

00:56
Play Video
ENTROIDO 22 - AVERNO "Tanxugueiriñas & Rayden´s" - CEIP Plurilungüe da Ramallosa Teo

ENTROIDO 22 - AVERNO "Tanxugueiriñas & Rayden´s" - CEIP Plurilungüe da Ramallosa Teo

02:57
Play Video
música galega hoxe montaxe.jpg

Neste espazo poderás coñecer moitos grupos ou

músicos galeg@s. Acompañarei cada publicación cunha

pequena recensión do artista e algunha das súas

cancións para que desfrutedes da súa música. 

 

O fin desta actividade é coñecer un petisquiño do noso

riquísimo abano de artistas. Pois sí, somos un terra das

máis ricas neste senso. Pero tristemente, ás veces,

absorbidos polas “mega producións” ou “produtos

comerciais nacionais e internacionais”,

non somos conscientes disto.

Descubriredes un novo mundo! Con músicas

fermosas que tristemente non teñen a presenza que

se merecen, nas canles de radio ou programas de televisión comerciais. Estade atentos ás publicacións!!

Preme aquí para entrar na canle deste proxecto.   

Un proxecto amigo, pensado para conectar e

difundir de xeito colaborativo a actividade que

se fai nas aulas dos centros escolares ao redor

da música en galego e achegar ás aulas

aos artísticas dun xeito directo.

Cun carácter socio-educativo, reflexiona sobre o

impacto da música nos anos mozos, ao tempo

que promove e difunde iniciativas de creación

musical desde a aula, en colaboración con

diferentes proxectos artísticos.

Tecendo pontes de unión entre o mundo

artístico e o do ensino dun xeito expansivo.

Podes visitar a páxina web aquí.

GRAZAS aos nos@s Tanxugueiriñas, Rayden´s, músicos e músicas

Estamos felices de podermos disfrutar tanto xunt@s da nosa música e a nosa lingua!!

bottom of page